Que uso lle das ao ordenador e ao móbil ? Para min estas dúas tecnoloxías son moi importantes no día a día de cada persoa, porque che poden resolver calquera tipo de dúbida, incluso para pedir axuda. Tampouco hai que esquecer que ámbalas dúas serven de recurso para buscar información, relacionarte polas redes sociais, escoitar música, mirar o periódico... Persoalmente o ordenador utilízoo menos ca o móbil. Eu para o que máis o uso e para facer tarefas da clase ou traballos que nos mandan e así buscar axuda e facilitarme as cousas. Tamén o uso para escoitar música e ver vídeos en YouTube, mirar o Gmail ou mirar o periódico. Cando vou a viaxes longas, antes de saír da casa suelo mirar no ordenador a distancia e o tempo que me vai levar para facerme unha idea. O meu uso co telefono móbil e diario, úsoo continuamente. Para o que mais o utilízoo e para falar ca xente, e mirar as redes sociais. Tamén o uso para informarme do que esta pasando, das noticias, etc.
boisimo
ResponderEliminar